O vento invalidaría os bos rexistros das probas de velocidade no Campionato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa

Desenvolveuse en Vigo unha nova edición correspondente ao Campionato de Galica Xuvenil, Junior e Promesa que xuntaría aos millores especialistas do momento na procura do título autonómico das súas respectivas categorías. Como datos salientables do mesmo cabe citar o domiño de Claudio Rojo do Valencia Atletismo nos valados na súa reaparición logo da súa estancia en EE.UU. Os 14.50 realizados nos 100 valados (+ 3.8) se lle suma o título dos 400 m.v. con 1.01.95

Os internacionáis Martín Liste do Atlética a Silva en xavalina (50.25 m.) e disco (42.23 m.) asi como Antía Chamosa do Valladolid nos 5000 m. marcha con 24.12.66, resultarían os domiñadores da súas respectivas probas.

Na categoría junior dos 100 m.l. rexistros ventosos de Javier García do Riazor Coruña que se imporía con 10,73 (+3.3) ao igual que na categoría Xuvenil o faría Javier Mañana do Marineda con 11.00 (+3.2)


Iria Forján do Atl. Barbanza na proba de lonxitude iríase no seu primeiro salto ata un excelente rexistro de 5.94 m.

Duelo interesante por último o que veríamos nos 800 m. con trunfo final de Ero Doce do C.A.Santiago con 1.55.40 sobre Jose María Díaz.

Ligazón

Compartir: