Belén Toimil Ouro en peso e Mauro Triana bronce en relevos nos Xogos do Mediterráneo.

Fantástica xornada a vivida no dia de hoxe polo atletismo galego nos Xogos do Mediterráneo que se estiveron a desenvolver en Túnez e na que Belén Toimil lograría a medalla de ouro no concurso de lanzamento de peso cun millor lanzamentro de 16.30. Belén tería que aguardar ata o seu último lanzamento para facerse co trunfo e mandar o artefacto a tan só un centímetro da súa millor marca persoal de 16.31 acadada o ano pasado.

Pola súa banda Mauro Triana que participaba na final dos 200 m. entraría na 5º posición cun rexistro de 21.37 nuns excelentes campionatos que redondaría ca medalla de bronce acadada polo combinado nacional no relevo 4×100 con 42.00 e na que o de coruña realizaría a primeira posta.

Compartir: