Lope Quinteiro, campión de España Infantil

No Campionato de España Infantil individual, que se veu disputando esta fin de semana en Valladolid, o atleta do Atletismo Vila de Cangas Lope Quinteiro, que partía no ranking nacional ca segunda millor marca, proclamaríase campión de España na proba de triatlon logo de acadar os rexistros de 5.10 m. en lonxitude, 2.50.36 nos 1000 m. e 39.46 m. en xavalina o que lle outorgarían un total de 1598 puntos.

Salientable comportamento dos tamén atletas Dani Mato quen acadaría con 1279 puntos a cuarta posición. Carmen Victoria González con 1538 e Paula Piñón con 1330 serían quinta e sexta respectivamente.

Ligazón

Compartir: