Resultados

O Atletismo Femenino Celta loitara polo ascenso a Division de Honra

As rapazas do Club Atletismo Femenino Celta desprazáronse ata a capital Guipuzcoana para desputar a 2ª xornada da 1ª división de clubes, onde acadarían o 3º posto e un total de 154 puntos.

As célticas acadarían os seguintes resultados: Laura Graña fariase co 3º posto no lanzamento de Martelo e Noelia Ferradanes co 6º, ambas darían 11 puntos o equipo vigués, Eva Queimaño e Olaia Gisela Becerril 3º e 7º posto respectivamente no salto de altura sumarían 8 puntos máis para o equipo, na pértega Beatriz Viteri e Ana Juncal 3ª e 4ª aportarían 11 puntos,na lonxitude turno para Elvira Okutu e Marta Gómez e 9 puntos,nos 5000m marcha turno para Valeria Fernández que finalizaría 5ª e aportaría 4 puntos o equipo,nos 3000m Esther Navarrete faríase coa victoria aportando 8 puntos e Celia Pérez acadaría a 4ª posición aportando 5 puntos no cómputo global, no lanzamento de disco, Laura Graña e Laura Meira 5ª e 7ª respectivamente sumarían 6 puntos,nos 400mv Emma Valencia e Andrea Novoa cruzarían a meta en 5ª e 7ª posición aportando 6 puntos,nos 400ml 9 puntos acadados por Raquel Meaños que seria 3ª e Noa Sánchez 6ª.nos 800ml Laura Santos e Laura García finalizarían 6ª e 7ª respectivamente aportando 5 puntos máis. No triplo salto Ariadna Gil e Martina Paramos terminarían o concurso en 5ª e 7ª posición e 6 puntos, nos 200 ml turno para Antia Martínez e Paula Martínez 4ª e 6ª respectivamente e 8 puntos o global das celestes,nos 100ml Raquel Arias e Marta Gómez defenderían as cores do clube galego acadando o 3º e 6º posto respectivamente e sumando 9 puntos,na xavelina Laura Meira finalizaría 1ª e Andrea Castro 6ª aportando entre ambas 11 puntos, nos 1500ml Iria Rodríguez i Elena Costas serian a 5ª e 6ª na liña de meta e aportarían 7 puntos máis o equipo, no lanzamento de peso Raquel Vila e Mar Pérez 2ª e 4ª darían 12 puntos máis as celestes. No 4 x 100 as rapazas Dominique Juequen, Elvira Okutu, Andrea Pais e Antia Martinez acadarían o segundo posto, no 4×400 Andrea Novoa, Laura Santos, Eva Queimaño e Laura García finalizarían 4ª.

Finalizada a 2ª xornada satisfacción para as rapazas do Celta que loitarán polo ascenso a División de Honra tras finalizar na 8ª posición da 1ª División

Parabéns

Foto: R.C Celta

Compartir: