4º posto para as rapazas Lucus Caixa Rural no seu encontra de 1ª División

As rapazas do Lucus Caixa Rural desprazaronse ata Burgos para participar na 2ª Xornada da 1 División, medíndose a L`Hospitalet, Image FDR, UCAM-Cartagena, acadando o 4º posto do encontró con 117 puntos.

As atletas máis destacadas serian Paula Ferreiros primeira nos 400ml, Iria Causin co terceiro posto nos 1500ml, Sara López imporíase nos 3000ml, Marta Casanova acabaría no segundo posto nos 3000m obstáculos,Alicia Merino cruzaría a liña de meta no segundo posto nos 100mv,Sara Pino sería terceira no concurso de altura, Alicia Merino conseguiría o segundo posto na lonxitude,eLaura Teijeiro sería terceira no martelo.

No cómputo global da 1ª División as rapazas do Lucus acadarían o 15º posto cun total de 245 puntos

Foto: Lucus Caixa Rural

Compartir: