Resultados

O RC. Celta acada o primeiro posto no seu encontro de 1ª Division con 182.5 puntos

Os rapaces do R.C Celta participaron na tarde de hoxe, sábado, na 2ª Xornada de 1ª División en Madrid, enfrente tiñan ó A. A Moratalaz, o Super Amara Bat e UCAM- Cartagena.

Os celestes acadarían o primeiro posto do encontro cun total de 182.5 puntos logrados tras un magnífico traballo.

David Abalde sería 3º nos 400ml, Carlos Porto 1º nos 1500ml, Gonzalo Basconcelo 1º nos 3000 obstaculos, José Fernandez e Brais Prieto 1º e 2º nos 5000m marcha, Adolfo Sainz 1º na altura,e Diego Ares 3º,Alberto Elena e Pablo Brieva 2º e 3º no triplo salto, Martin Liste 2º no disco, David Gomez e Jonathan Correa 2º e 3º na xavelina, Ignacio Fernadez e Jose Luis Comesaña 1º e 3º no martelo, Fernando Paredes 2º no peso, e no 4×400 1º formando o relevo David Abalde, Hector Fernandez,Xose Manuel Fernandez e Carlos Porto.

Noraboa

Boa viaxe de regreso!

Foto: R.C Celta

Compartir: