Resultados

Falece Candido Calvo atleta do Fontes do Sar

A Federación Galega de Atletismo quere mostrar as súas condolencias á familia atlética do Club Atletismo Fontes do Sar, polo falecemento duns dos seus atletas máis activos, Cándido Calvo.

Cándido militaba nas filas do Fontes do Sar dende a súa fundación, vivindo o atletismo popular con paixón, atleta polivalente compaxinou a pista e a ruta, sendo nesta última onde se atoparía máis cómodo. Compañeiro de fatigas do xa desaparecido Julián Bernal con quen compartirá moitos quilometros de asfalto. Entre as probas que máis lle gustaban atopábase a Carreira do Correo Galego, pola súa vinculación profesional o mesmo e a Maratón de Toral dos Vaos en León.