Resultados

Paula Mayobre participa o sabado no Campionato do Mundo de Medio Maraton

O xoves 3 de Marzo o Director Técnico da Real Federación Española de Atletismo, Ramón Cid, deu a coñecer os atletas que formarían o equipo español que participará o sábado 26 de Marzo en Cardiff para desputar o Campionato do Mundo de Medio Maratón, entre os seleccionados encontrase a atleta de Ares Paula Mayobre.

A fondista independente, participará no seu terceiro mundial, sendo esté o seu debut na categoría absoluta, Paula está a realizar unha fantástica tempada, ven de realizar bos rexistos nos últimos medio maratón nos que tomou a saida, entre eles o de Viana do Castelo cun rexistro de 1:13.23, marca que lle serviu para formar parte da expedición que acude a capital galesa.